mercredi 23 janvier 2013

Seminario Casás en el CGAC


ARTE E SUBXECTIVIDADE

SEMINARIO

CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA

28  xaneiro  -  1 febreiro  2013

O principal obxectivo do seminario Arte e subxectividade  é evitar que se  cree unha única a de pensamento  sobre  o universo artístico Par is traballaremo cunha idea  que  considero fundamental: a política como ética e a ética como política. A ética tratada sen sentido moral e a política no sentido máis totalizador, como elemento de enfrontamento e cuestionamiento da codificación da realidade alienante e superestruturada da actualidade.
Creo  que  todo  sistem de  poder  é  inimigo  natural  da intelixencia, e a subxectividade analizada no seu hábitat máis profundo é a mellor defensa fronte a este poder. Entendida a arte como a expresión da relación primixenia do self e do seu diálogo co contorno, as influencias e a necesidade da deslectura marcan este seminario, no transcurso do  cal trataremos os seguintes temas:
As  influencias.  A  procura  da  entidade ou  entidades que marcaron profundamente a dirección do traballo do alumno. Cada un dos participantes no seminario deberá analizar esta cuestión en profundidade e desenvolver  un proxecto baseado nas súas conclusións.
A necesidade da deslectura e a urxencia do ético. A continuación, analizaremo a  validez  do  primeiro  proxecto, para  ver  a posibilidade  de desfacerse  desta  influencia, que podería estar camuflada polas modas, a comodidade, o mercado, etc.
A  experiencia  primixenia  como  coñecemento.  As primeiras experiencias na vida dunha persoa xeralmente son aquelas que marcan o comportamento  e as directrices que conforman a personalidade.   A  natureza é  o  contorno inmediatcomo habitáculo da xénese: arqueoloxía.
A ecoloxía  da  subxectividade.  O alumno, coñecedor dos tres temas anteriores, analizará e formalizará un proxecto acorde cos trazos máis característicos da súa personalidade artística. Para iso contaremos coa axuda de procesos de autocoñecemento sensorial, apoiados no son e en exercicios de coñecemento do corpo, permitindo así que, a través dos sentidos, se presente  a nosa subxectividade.

Fernando Casás


DESTINATARIOS: estudantes e profesionais dos ámbitos da creación
artística, a historia da arte e as belas artes, e persoas interesadas na
temática do seminario.
MATRÍCULA: 50 euros. Prazas dispoñibles até completar a capacidade.
INSCRICIÓN
As solicitudes para asistir ao curso poden presentarse na recepción do
CGAC, chamando aos teléfonos do Servizo de Actividades e Proxectos
Educativos, ou ben a través do correo electrónico
cgac.pedagogia@xunta.es, indicando os seguintes datos: nome, enderezo
postal e electrónico, e teléfono de contacto.
O CGAC expediralles un certificado de asistencia e aproveitamento ás
persoas participantes.
DIRECCIÓN: Fernando Casás
COORDINACIÓN CGAC: Gema Baños
HORARIO: de 10:00 a 14:00 h

ShareThis

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...